Thatch Collapse Disease
FOTO · TILOOM
O fungo patóxeno que provoca esta enfermidade é Sphaerobolus Stellatus, un basidiomiceto. Xeralmente ocorre en greens segados a moi baixa altura de corte. Os principais síntomas son pequenas depresións nos greens, onde se presenta máis verde ao estar segadas a maior altura, coa coroa branca e saudable. Ás veces é posible ver o micelio por debaixo destas depresións.

Existen evidencias en greens de Agrostis, Poa annua, e mesmo se viu en Australia e Nova Zelandia en greens de Bermuda.
Unha característica común a todas as mostras diagnosticadas é a presenza de altas cantidades de materia orgánica

A estratexia recomendada é unha xestión axeitada da materia orgánica e o control do thatch, incluíndo intensos recebos e aerificación. En termos de uso de fungicidas, existen aínda poucos datos, aínda que os recomendados son aqueles que controlan o fairy ring, pois tamén son basidiomicetos. A dificultade preséntase á hora de poder introducir o produto químico no interior do solo, que é onde se presenta o micelio.



