Melloras do medio ambiente polo céspede

1 SET 2020·2 MIN DE LECTURA
Melloras do medio ambiente polo céspedeFOTO · TILOOM
Compartir

O céspede provoca constantes melloras do medio ambiente. As áreas urbanas con céspede son excelentes focos de purificación e conservadores de auga. As cubertas vexetais son excelentes esponxas de auga, xa que conseguen reter máis auga de chuvia ca a maioría de superficies. Non só retén mellor a auga, senón que tamén evita a escorrenta e fomenta o enchido dos acuíferos.

Ao evitar a erosión nas cidades diminúe moito a cantidade de areas que chega aos sumidoiros. Ademais de ser tamén filtro de contaminantes que poden ser descompostos polas bacterias da rizosfera.

SuperficieTemperatura superficial ºCTemperatura a 9 cm ºC
Céspede natural3131
Céspede sintético7036
Céspede dormente5235
Solo espido3933

Outra excelente mellora do medio ambiente é o control da temperatura. Todas as plantas axudan a diminuír a temperatura ambiental, pero o céspede é máis efectivo ao representar unha gran cantidade de plantas en pouco espazo. Absorbe de forma moi eficaz a radiación solar e, como un arrefriador evaporativo, refresca o ambiente circundante.

Tiloom - Melloras do medio ambiente polo céspede - nature landscape 139665

Algúns estudos, como os realizados pola Universidade A&M de Texas, reflicten que cando a beirarrúa da rúa está a 38ºC o céspede de arredor estará sobre os 24ºC. O punto está en que as plantas de céspede utilizan a radiación solar para a fotosíntese, e non para absorber calor como o formigón ou outros materiais

Outra clave do uso do céspede é a mellora dos solos. As súas finas raíces son capaces de ocupar as zonas máis estreitas do solo sobre o que creza. Son grandes produtoras de materia seca que morre e se transforma en materia orgánica, enriquecéndoos co tempo. Ademais, se os recortes do céspede son finos poderán quedar na pradaría outorgando un adubado gratuíto.

Toda a materia orgánica xerada tanto en planta como en microorganismos está secuestrando CO2 da atmosfera, o que contribúe a ambientes máis saudables .

Estas, xunto coas razóns da entrada de EFECTOS DO CÉSPEDE NO MEDIO AMBIENTE, axúdannos a comprender mellor os beneficios do céspede no medio e a calidade de vida que este ofrece.

#MEJORADELSUELO#CONTROLTEMPERATURAAMBIENTAL#FILTROSDECONTAMINANTES#PURIFICACIÓNDELAGUA#SECUESTRODECO2

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.