Formulación de fitosanitarios líquidos
FOTO · TILOOM
A formulación dos fitosanitarios líquidos está composta por distintos ingredientes, cada un cunha función distinta. Imos velo.
O composto principal dos fitosanitarios é a materia activa. Esta parte é a que se encarga de controlar a praga. Os líquidos están diluídos con outros compostos para facilitar o seu uso. Eses compostos chámanse ingredientes inertes e poden ser aceites, disolventes, auga, humectantes. Poden cambiar en función da aplicación obxectivo.
- Concentrados emulsionables
O ingrediente activo disólvese en aceite e mestúrase tamén con axentes emulsionantes para poder ser disolto en auga. Ao realizar a solución xérase unha emulsión uniforme de aceite e auga que poderá pulverizarse homoxeneamente. É necesario manter a mestura axitada durante a aplicación. Este formato é interesante debido ás altas concentracións de produto que soportan, pero débese respectar a posoloxía para evitar danos nos tecidos vexetais. É importante evitar o contacto coa pel e cos ollos.
- Pós humectables e grans dispersables
As formulacións sólidas permiten almacenar con facilidade. A materia activa mestúrase con arxilas ou talcos finos. Os sacos de produto mestúranse coa auga e pulverízase como un aerosol. Non hai unha disolución como tal do pó, senón unha mestura, polo que precisa axitación continua para non sedimentar na cuba e atascar os conductos. Unha desvantaxe do produto é que durante a mestura se poden aspirar os pós, polo que se deben usar máscaras.

- Fluídos
Os formatos fluídos están compostos tamén de sólidos que se mesturan con líquido e emulsionante para ter unha suspensión homoxénea. Para o seu uso mestúranse con auga e requiren axitación, aínda que raramente obstrúen conductos pola emulsión do produto.
- Pós solubles
Esta solución é similar en formato aos pós humectables, pero entre os seus ingredientes inertes hai solventes completamente solubles en auga. Facilítase o almacenamento e non require axitación.

- Formato de baixo volume
Estas modernas solucións están moi concentradas e utilízanse en dilucións moi específicas ou puras. Necesitan equipos especiais que permitan aplicar doses moi pequenas por metro cadrado.
Se necesitas axuda para coñecer os teus produtos máis eficaces, ponte en contacto connosco.



