Formulación de fitosanitarios sólidos
FOTO · TILOOM
A formulación dos fitosanitarios sólidos está composta por distintos ingredientes, cada un cunha función distinta. Imos velo.
O composto principal dos fitosanitarios é a materia activa. Esta parte é a que se encarga de controlar a praga. Os sólidos mestúranse con outros compostos para facilitar o seu uso. Eses compostos chámanse ingredientes inertes e poden ser talco, arxila, xiz, entre outros. Poden cambiar en función da aplicación obxectivo.
- Pós
Estes pesticidas son moenzas moi finas mesturadas con outros sólidos moídos para reducir a súa concentración e estar listos para usar. A concentración de materia activa non adoita superar o 10 %. É importante avisar de que o aplicador debe estar protexido ante a inhalación do produto.
- Granulados
No caso dos formatos granulados a materia activa combínase cos mesmos portadores que os pós, pero inclúese un axente aglutinante. O resultado da mestura son pequenos grans de material portador recubertos por unha capa de materia activa. As concentracións do produto van normalmente do 1 ao 15 %. Aplícanse esparexéndoos uniformemente polo solo e adoitan usarse para controlar malas herbas, ou insectos que viven no thatch ou no solo. Coa humidade o ingrediente activo vai liberándose.
- Isco
Este enxeñoso método de control consiste en mesturar a materia activa con alimento atractivo para a praga. Para empregalo débese coñecer a bioloxía do insecto que se queira controlar. O control adoita ser moi efectivo, evitando grandes coberturas de pesticidas.

- Fumigantes
Os fumigantes non son necesariamente sólidos, xa que se atopan como sólidos, líquidos e gases. Cando se aplican forman gases velenosos. Son elementos moi efectivos pero complexos de utilizar e perigosos en mans pouco experimentadas. O uso no solo realízase baixo unhas lonas que evitan que os gases saian á atmosfera.



