Materia orgánica III. Estratexias de control

10 XUL 2018·2 MIN DE LECTURA
Materia orgánica III. Estratexias de controlFOTO · TILOOM

As estratexias de control máis apropiadas para a diminución da materia orgánica nos greens e outras zonas dos campos de golf ou terreos deportivos de céspede natural son as seguintes:

  • Recebos de area: de forma frecuente e en baixas doses, son as mellores estratexias para a dilución da materia orgánica e a consecución de superficies firmes.
Tiloom - Materia orgánica III. Estratexias de control - Screenshots 2017 07 27 15 12 53
Recebo lixeiro

Os recebos de area aseguran que os macroporos non se pechan polas raíces e a biomasa. Cada lixeiro recebo, ademais, mellora as imperfeccións superficiais causadas pola caída da bóla e o tráfico. A dose de area ten que permitir o crecemento da herba ademais de diluír a materia orgánica, e iso dependerá das especies involucradas, taxa de crecemento, condicións do solo, tráfico, etc.. os achegues excesivos poden danar as coitelas e impedir a boa rodadura da bóla. A cantidade total de area aplicada ten o maior impacto na dilución da materia orgánica (Vavrek 2007). A humidade e a granulometría teñen tamén un papel fundamental en como é incorporada baixo a folla do céspede.

Tiloom - Materia orgánica III. Estratexias de control - Screenshots 2017 07 27 15 19 25
Incorporación de area baixo a folla

É por iso que se recomenda o uso de area seca, de tamaño con rango entre 1-0.25 mm e cun bo coeficiente de uniformidade (>2).

  • Aireación a través de pinchados ocos xunto con recebos de area: Estas operacións eliminan fisicamente materia orgánica e dilúena. Ademais diminúese a compactación e aumenta a capacidade hidráulica saturada. Os números recomendados para manter a materia orgánica por debaixo dun 3-4% son as operacións de pinchado que eliminan do 15-20% da superficie cada ano e incorporación de 40-50 pés cúbicos/1000 pés cadrados. A utilización de púas menores de 1/2 polgada son difíciles de encher, e máis atención haberá que prestar para a incorporación correcta. Realizar sempre as operacións en períodos de alto crecemento, i-greenkeeping é unha boa ferramenta para a súa determinación.
  • Verticut: esta operación elimina a materia orgánica superficial e esgaza a superficie para unha mellor introdución da area. Un milímetro de anchura de coitela pode facer efecto ata nun 4% da superficie do green. Mesmo verticados profundos poden remover máis ca un pinchado (Landreth et al., 2007), aínda que a eliminación da materia orgánica está reducida aos primeiros 2 cm de profundidade. Ademais, a recuperación pode superar de unha a tres semanas a que se produciría por pinchado (Landreth et ., al 2007). Non se debería substituír o pinchado por accións de verticut.
  • Tiloom - Materia orgánica III. Estratexias de control - Screenshots 2017 07 26 16 12 50

  • Pinchados sólidos con recebos lixeiros: tamén son moi exitosos na eliminación de materia orgánica pero hai que ter en conta que non corrixirán estratificacións, baixas infiltracións e compactación.
#TERRENODEPORTIVO#MATERIAORGÁNICA#GREEN#CÉSPEDNATURAL;#CAMPODEGOLF#ESTRATEGIASDECONTROL

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.