Luz artificial II: o problema das sombras nos estadios

25 SET 2018·1 MIN DE LECTURA
Luz artificial II: o problema das sombras nos estadiosFOTO · TILOOM
Compartir

Nas últimas décadas, os estadios deportivos deixaron de ser pequenos pavillóns abertos que podían albergar pouco máis de mil persoas, a grandes colosos con capacidade de aforo de máis de noventa mil persoas. Ese extraordinario cambio da arquitectura xerou problemas agronómicos. O máis importante deles é o da falta de incidencia de suficiente luz solar sobre a superficie do terreo.

Cambio nos estadios e o incremento de áreas sombreadas.
Cambio nos estadios onde se amosa o incremento de áreas sombreadas. Fonte: http://artofturner.com/inthedugouts.html

As altas bancadas que arrodean o estadio xeran sombras e, aínda que é verdade que se moven ao longo do día, a cantidade de luz que recibe a superficie vexetal ás veces é realmente pequena.

Do verán ao inverno, prodúcese unha gran diferenza en canto á incidencia dos raios solares en latitudes afastadas do ecuador.

En situacións de pouca dispoñibilidade de luz, o céspede non ten a radiación necesaria para realizar a fotosíntese e cambia os seus hábitos de crecemento tentando buscar luz, estreitando e alongando o limbo das follas e reducindo a densidade e lonxitude das raíces, o que provoca que remate sendo un céspede débil.

Movemento do sol durante o ano e o seu efecto na sombra dos obxectos.
Movemento do sol durante o ano e o seu efecto na sombra dos obxectos.

A solución a esta nova situación foi implementar iluminación artificial nos estadios, pero a tecnoloxía existente non era a adecuada. Non se irradiaban as frecuencias necesarias para o crecemento correcto da herba, ata a chegada do LED, que permite fabricar luminarias con espectros de emisión deseñados expresamente para satisfacer as necesidades lumínicas da cuberta vexetal.

Se tes algunha dúbida sobre como implementar pantallas LED adecuadas para a superficie do teu terreo, contacta con Tiloom, asesorarémoste para proporcionarlle ao teu céspede a cobertura necesaria para o seu correcto desenvolvemento.

#TERRENOSDEPORTIVOS#LUZARTIFICIAL#LED#ESTADIO#CUBIERTAVEGETAL#PROBLEMAAGRONÓMICO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.