Kit-Pro Greens Tiloom
FOTO · TILOOM
O traballo dun greenkeeper fundaméntase en alcanzar a calidade de greens desexada para un xogo satisfactorio. É moi distinta a xestión agronómica que se realiza nun cultivo agrícola e na dunha superficie deportiva de céspede natural. Ademais das súas propias características diferenciadoras, os greens non teñen o obxectivo de alimento ao contrario que un campo de trigo, senón de alcanzar altos índices de xogabilidade baixo unha xestión agronómica óptima. A boa saúde do céspede debe xerar o crecemento desexado e recuperar as zonas danadas polo xogo.
A boa saúde do céspede implica a ausencia de enfermidades, pragas e o correcto funcionamento metabólico vexetal.

Hoxe en día está cambiando a filosofía agronómica convencional. Téñese cada vez máis en conta a importancia do microbioma do solo e a súa consecución a través dunha xestión sostible e eficiente. Fronte a un pasado onde todo o peso agronómico estaba enfocado ao achegue de fertilizantes minerais convencionais.
Tan importante é unha nutrición mineral suficiente como un microbioma forte.
O coñecemento da literatura científica con respecto á xestión agronómica das superficies deportivas é requisito imprescindible co obxecto de tomar as decisións oportunas. Temos que entender os resultados dos parámetros que estudamos nos nosos greens de forma global. Por iso Tiloom presenta a maleta de calidade de greens onde se inclúen todos os sensores e ferramentas fundamentais para a monitorización dos nosos greens.


Non ten sentido estudar a salinidade dos nosos greens sen ter en conta as taxas de infiltración que presenta, ou programar aireacións sen ter en conta a compactación do mesmo dependendo da profundidade, como evolucionan os diferentes parámetros co tempo, etc…
Hai que manexar e corrixir o green do problema maior ao menor. É importante buscar unha infiltración adecuada previa a estudar un programa de lavado de sales.
Temos que poder establecer a nosa propia base de datos de todos os diferentes parámetros que poidamos consultar e realizar análises de forma continua e rápida. Ferramentas como o software de xestión de información para campos POGO Turf PRO permitirános rexistrar e xeorreferenciar todos os parámetros e caracterizar o campo.
POGO Turf PRO é a ferramenta perfecta para rexistrar e caracterizar todos os parámetros medidos coas ferramentas da maleta.


Tanto a información agronómica, como pH, humidade, salinidade, NDVI, compactación , taxas de infiltración e a xogabilidade pomola ao teu alcance a través da maleta de golf de Tiloom. Queres saber máis? Contacta connosco en info@tiloom.com e daremosvos o soporte e o asesoramento necesario para avaliar o green.



