Cricket II: Como construír un campo de cricket

24 XUL 2018·2 MIN DE LECTURA
Cricket II: Como construír un campo de cricketFOTO · TILOOM

A construción dun campo de Cricket presenta dúas zonas diferenciadas, a zona central ou “Pitch” onde se presentan os “wickets” adosados uns xunto a outros e o resto de campo ou “Outfield”. O Outfield será construído sobre un substrato similar ao doutras superficies deportivas como os campos de fútbol de tipo areento, se é posible, e incluíndo un sistema de rega e drenaxe. Por outro lado, os Pitch constrúense con substratos con altos contidos en arxila, é dicir, con alta capacidade de compactación. Nestes, buscaranse características físicas agronomicamente contrarias ás que se perseguen noutras superficies, tales como baixa porosidade, alta densidade e alta compactación.

O “wicket ou pitch“ a zona máis importante do campo de Cricket, é onde se batea e ten lugar a parte máis chamativa do xogo, é o rectángulo central, presentando unha anchura de 3,05 metros e con orientación norte/sur. Xeralmente constrúense varios pitches adosados, uns xunto a outros. O resto do terreo de xogo que arrodea o pitch, o outfield, debe estar polo menos a uns 37 metros do centro do pitch para “juniors” (cunha lonxitude entre 16 e 19 metros) e a uns 45.72 metros para “seniors” (uns 20 metros de lonxitude).

Tiloom - Cricket II: Como construír un campo de cricket - melbourne Cricket ground
Melbourne Cricket Ground

As características máis diferenciadoras dos “wickets” están dadas pola textura do substrato utilizado, sendo os recomendados aqueles cunha mestura de alto contido en arxila (entre un 25 e un 35%). Este dato é o que vai determinar o bote e outras características buscadas. Así podemos ter pitches construídos con arxilas con fortes capacidades de expansión volumétrica (os cales presentan boas calidades de bote) típicos de Suráfrica e Australia, mentres que, por outro lado, aqueles con alto contido en area (que compactarán moito menos) dan lugar a un menor bote. Para partidos de varios días de duración, tentarase construír os pitches con maior contido en arxila, pois aumenta a capacidade destes para soportar o xogo por un maior período de tempo sen deteriorarse.

Para a construción dos “wickets“, é necesario que se compacten os perfís cada 50 mm, coa axuda de rolos pesados. Hai que traballar os diferentes estratos do perfil (unha vez consolidado un deles, pásase ao seguinte perfil) pois a presión exercida polos rolos diminúe conforme aumentamos as alturas dos diferentes substratos.

A continuación expóñense diferentes exemplos texturais da composición dos wickets:

Composición dos wickets ou pitch en cricket
Composición do “wicket” ou “pitch” en diferentes campos

En xeral:

Débese evitar o uso de substratos con contidos de carbonato cálcico ou alta salinidade, pois poden dar lugar á súa descomposición durante o xogo.

Fonte: The Cricket Pitch and its outfield, Neil Tainton e John Klug

#SUPERFICIEDEPORTIVA#CAMPODECRICKET#OUTFIELD#WICKET#ARCILLAVSARENACRICKET#COMPACTACIÓNDELWICKET

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.