Análises foliares | Macroelementos secundarios
FOTO · TILOOM
Na lectura de análises foliares os Macroelementos secundarios son os que se atopan en elevadas concentracións nas plantas pero non tanto como o Nitróxeno, o Potasio e o Fósforo.
Todos os elementos son igualmente importantes, aínda que os que describiremos a continuación están presentes en menores concentracións.
- Calcio (Ca): O calcio é un elemento con moi pouca mobilidade na planta, forma parte da parede celular e é responsable do movemento doutros elementos dentro do sistema. As deficiencias son frecuentes en solos con baixo intercambio catiónico, ou que teñen todas as súas bases saturadas con sodio.
As follas máis novas son as que mostran a deficiencia de calcio. Primeiramente as follas viran amarroadas e, se o problema persiste, os marxes tenden ao avermellado, e deformanse e retorcen. As raíces tenden a agruparse e a diminuír o seu potencial de absorción de nutrientes.

Estes macroelementos son imprescindibles para o desenvolvemento da vexetación, pero a súa concentración sempre é menor que a do Nitróxeno, Potasio e Fósforo.
- Magnesio (Mg): A clorofila é unha das tarefas máis importantes do magnesio no metabolismo vexetal. Permite que a fotosíntese sexa viable e grazas a el captase a enerxía para construír azucres.
Os solos con baixo nivel de intercambio catiónico poden sufrir deficiencias en magnesio. Tamén os solos con pH alto reteñen o magnesio e non permiten ás raíces absorbelo. É un elemento que se move con facilidade pola planta; as plantas con deficiencia moven o seu magnesio ás follas máis novas deixando as vellas cunha tonalidade amarelenta entre os nervios, e os nervios adquiren un verde escuro intenso. Ás veces as follas vellas poden virar a avermelladas mantendo a clorose entre os nervios.
- Xofre (S): O xofre colabora, como o nitróxeno, na construción de aminoácidos e no plasma celular.
Os solos arenosos como os dos campos de golf e fútbol, ou os que teñen baixa concentración de materia orgánica son propensos a sufrir deficiencias en xofre. Os danos móstranse nas follas máis novas, que amosan verdes moito máis claros. Cando a deficiencia se mantén no tempo as follas acaban secas en bordos e punta e finalmente enroscanse.

Os síntomas iniciais da deficiencia en xofre parécense aos da deficiencia en nitróxeno.
Podemos axudarte a determinar a saúde do teu céspede con Auditorías, ou a Lectura e interpretación de análises.



