ACC-desaminasa: o encima que salva o teu céspede do estrés

21 XAN 2020·2 MIN DE LECTURA
ACC-desaminasa: o encima que salva o teu céspede do estrésFOTO · TILOOM
Compartir

O impacto da agrobiotecnoloxía en céspedes segue sorprendéndonos día a día. Hoxe, baixo a lupa, a ACC-desaminasa.

O ácido 1-aminociclopropano-1-carboxílico, tamén coñecido como ACC-desaminasa, axuda a combater os efectos do estrés.

O ácido 1-aminociclopropano-1-carboxílico, tamén coñecido como ACC-desaminasa, é un potente aliado producido polos microorganismos da rizosfera. Esta substancia evita a oxidación dos tecidos vexetais nos momentos de estrés debido á produción de etileno.

As bacterias da rizosfera producen moitas substancias, entre elas a ACC-desaminasa. Para que serve? Por que é tan importante?

Na revista Corpoica – ciencia y Tecnología Agropecuaria, Don Mauricio Camelo R., S. P. en 2011 definiu detalladamente estes mecanismos no artigo Mecanismos de acción de las rizobacterias promotoras del crecimiento vegetal.

Antes de poder responder as dúas preguntas anteriores é importante explicar que é o etileno e como afecta ás plantas.

O etileno é a fitohormona responsable dos procesos de estrés das plantas, razón da senescencia e da abscisión dos froitos. En poucas palabras, oxida tecidos e a súa última consecuencia é a morte do individuo. O etileno producido por un individuo afecta aos demais, tal e como ocorre coa froita nos fogares.

A experiencia dinos que xuntar froita madura con froita verde fai que esta última madure antes. O mesmo ocorre con todos os cultivos.

A ACC-desaminasa xustamente evita que o etileno teña ese indesexado efecto nas plantas. Este encima degrada o etileno, mitigando os efectos do estrés, e durante o proceso desprendese amonio que pode ser moi facilmente asimilado polo cultivo.

O amonio é unha rápida fonte de nitróxeno para os cultivos.

Comprobouse que os efectos benéficos da ACC-desaminasa producida polos PGPR (os microorganismos do solo) son:

  • Diminución dos efectos xerais do estrés
  • Estrés hídrico por salinidade
  • Estrés anaerobio
  • Resistencia pasiva a patóxenos
  • Estrés por metais pesados e hidrocarburos
  • Estrés nutricional (incapacidade para producir nova clorofila)

En resumo, as bacterias que sintetizan ACC-desaminasa son un apoio imprescindible para mitigar os inevitables efectos do estrés, xa que diminúen o envellecemento vexetal. É dicir, con estrés as raíces seguen sendo quen de recibir auga e nutrientes. As follas manteñen a súa biomasa e a clorofila.

Tiloom - ACC-desaminasa: o encima que salva o teu céspede do estrés - collar decline MK 1f5jlxs
Estrés do céspede

Este é un mecanismo máis de todos os que existen. Promover un en particular pode non ter un efecto visible, pero si se debe ter en conta a rizosfera e toda a vida que a habita. As novas prácticas agrícolas son conscientes desta situación. A agresividade e a esterilización dos solos pronto estará obsoleta.

#BIOTECNOLOGÍA#PGPR#PGPRRIZOSFERA#DESAMINASA#ENZIMAACC-DESAMINASA#ESTRÉSHÍDRICOCÉSPED

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.