Textura do solo: descubre o tipo da túa terra facilmente
FOTO · TILOOM
Coñecer cal é a textura do solo do teu campo é imprescindible para realizar un manexo axeitado de todas as labores culturais, incluíndo a rega, pero en ocasións non existen os medios necesarios para enviar a mostra a un laboratorio e recibir uns resultados fiables, ou hai présa por coñecer o resultado.
Enviar mostras a un laboratorio é a forma máis precisa de coñecer a textura do solo.
Nesas ocasións existen métodos para estimar o contido do teu solo en:
- Arxila
- Limo
- Area
1- O uso de peneiras USGA
As peneiras son unha forma precisa de realizar a medición dun modo moi parecido a como se realizaría nun laboratorio. É moi útil ter peneiras que che permitan dividir o solo nas súas partes para coñecer con precisión a textura.

O procedemento é sinxelo, e procedo a resumilo.
- O primeiro paso é secar a mostra de solo que se vai medir para que a humidade non interfira nas porcentaxes e a continuación pésase o solo seco.
- Peneírase en cada unha das peneiras; os laboratorios utilizan axitadores estandarizados para que o movemento sexa sempre o mesmo e a mostra teña un peneirado sempre igual.
- Por último, pésase cada unha das súas partes para calcular a porcentaxe de cada solo segundo o seu diámetro de partícula.
Coñecer a textura do solo é fundamental para xestionar ben a rega e coñecer cal será a relación entre a auga de rega e o solo.
2- Proba de flexibilidade
Este proceso é realmente preciso para ser un método de campo sen ningún tipo de instrumentación, pois estima o contido de cada partícula en función das capacidades plásticas de cada material.

- Cunha mostra de solo humedecida con auga faise unha pelota de 3 centímetros de diámetro. Déixase caer ao chan; se ao caer se esmigalla completamente é un solo arenoso, e se mantén moderadamente a forma pasamos ao seguinte paso ↓↓↓↓.
- Con esa mesma bola tenta realizarse un cilindro de 7 centímetros de diámetro; se non é posible estamos ante un solo arenoso franco, se resulta posible débese realizar o seguinte paso ↓↓↓↓.
Se durante o rozamento se seca o solo polo ambiente ou polo contacto coas mans, pódese humectar lixeiramente ata facelo maleable de novo.
- Segue alongándose ata os 15 centímetros; no caso de que non sexa posible estamos ante un solo franco arenoso, pero se o fose séguese ao seguinte paso ↓↓↓↓.

- É o momento de tentar facer un semicírculo co cilindro de 15 centímetros que se formou anteriormente; se non é posible realizalo é un solo franco.
- Se se puido realizar o paso anterior, débese agora pechar o círculo: se se rompe ao tentalo é un solo franco pesado, é dicir, ten algo de arxila. Se se pode pechar pero se racha é arxila lixeira, e se se pecha sen problemas estamos ante un solo moi arxiloso.
3- Test da Xerra de Manson
Este é outro método sinxelo, algo máis lento que o anterior, xa que necesita un período de repouso de 24-48h, pero cuxos resultados son fiables.
Só é necesario:
- Solo
- Un bote transparente
- Auga limpa
Tras tomar mostras da zona que desexamos estudar, simplemente é necesario introducir a mostra nunha xerra transparente ata encher un terzo e encher o resto con auga. Axítase enerxicamente asegurándose de que todas as partículas quedan mollas e repartidas, déixase repousar ata que os sólidos quedan precipitados no fondo do bote; normalmente un día será suficiente, aínda que se ten alto contido en arxila ese tempo pode ser maior. A gravidade fará o traballo necesario para separar os materiais en función da masa das súas partículas. As máis grandes e pesadas serán as primeiras en precipitar ata chegar ás máis pequenas, que precipitarán máis arriba.
En Tiloom dispoñemos das mellores peneiras do mercado para facer unha separación de solos profesional e de calidade.
A continuación só fai falta medir a altura de cada un dos horizontes para determinar a porcentaxe en volume de cada unha das partes. O método é moi sinxelo e económico e dá uns resultados moi fiables.
Para rematar o traballo tan só se debe acudir ao triángulo de texturas para introducir cada valor en cada aresta e cruzar os tres puntos na zona que representa a textura concreta do solo estudado.
A FAO ten unha estupenda guía onde poder ver máis métodos.



