POGO Contido volumétrico de auga

10 FEB 2017·2 MIN DE LECTURA
POGO Contido volumétrico de augaFOTO · TILOOM

A medición do parámetro do contido volumétrico de auga (Volumetric Water Content %, VWC) dános a información do volume real de espazos ocupados por auga en cada mostraxe. En todos os sistemas solo-céspede hai compoñentes sólidos e espazo poroso. A parte sólida adoita ser a metade do espazo total, pero en ocasións é aínda maior. Se a materia orgánica constitúe unha fracción importante, o resto é espazo de poros susceptible de ser ocupado por aire ou auga.

A influencia máis dominante en superficies deportivas é o óptimo equilibrio de aire e auga, é dicir, o seu balance. Mesmo en condicións de alta EC, se o sistema presenta boas condicións de drenaxe e intercambia de forma óptima aire e auga, as sales son moito máis fáciles de xestionar.

Se obtemos lecturas de 30.91% de humidade e a porcentaxe de saturación está nun 50%, isto déixanos soamente un 19.09% para o intercambio co aire, o cal é manexable pero non é a situación óptima.

Se a humidade predomina no espazo poroso, entón queda moi pouco espazo para o aire. Debido a que a toma de osíxeno vén a través de difusión de ións osíxeno, este intercambio é vital para un comportamento correcto e obter superficies deportivas fortes e saudables. Isto pode ser xestionado de forma moi doada co sistema POGO. O coñecemento dos límites máximos de humidade (isto é, a capacidade de saturación) que un perfil de solo pode alcanzar de dúas formas:

  • A través dunha análise de laboratorio. Xeralmente estes rangos oscilan entre un 40 e un 60%, dependendo do tipo de céspede/solo.
  • A través de ensaios de infiltración. Medindo in situ a humidade de saturación.
Tiloom - POGO Contenido Volumétrico de Agua - asas2017 02 09 17 57 36 POGO Cloud Insight
Estudo do espazo poroso para o equilibrio aire/auga

Faga uso da nosa POGO TURF ANÁLISE para atopar as capacidades de cada zona e optimizar ao máximo a súa xestión

Así podemos visualizar grandes diferenzas en, por exemplo, campos de fútbol, onde a existencia de sombra dá lugar a desuniformidades que agora poderemos xestionar.

Tiloom - POGO Contenido Volumétrico de Agua - GGGG 02 09 17 47 43 POGO Cloud Insight
Diferenzas de VWC debidas á existencia de zonas sombreadas nas dúas metades do campo

Consegue o teu POGO en:

#POGO#VWC#EC#ANÁLISISDELABORATORIO#CONTENIDOVOLUMÉTRICODEAGUA#VOLUMETRICWATERCONTENT

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.