Sistema de mapas POGO Turf Pro
FOTO · TILOOM
O POGO Turf Pro cloud mapas/análise é un sistema único que permite a sincronización da información recollida no POGO en tempo real. En vez de presentar un conxunto de datos ou números, a información visualízase xeorreferenciada en mapas para visualizar as diferentes propiedades. Existen informes e análises que poden ser deseñados segundo os diferentes gustos.
O sistema permite á súa vez a integración de análises científicas de zonas para correlacionar datos recollidos en tempo real co que sucede física e quimicamente nas superficies deportivas ao longo do tempo.

Para visualizar unha zona o sistema na nube utiliza un arquivo global de imaxes de satélites susceptibles de seren elixidos polo usuario segundo as súas necesidades particulares. Toda a información recollida polo sensor POGO superpónse sobre as capas descargadas dos satélites de forma que toda a información toma unha forma visual moi ilustrativa. Se un usuario presenta arquivos de mapas xeorreferenciados dalgunha forma, incluíndo arquivos CAD, imaxes aéreas de alta resolución, imaxes realizadas con drons, ou calquera outro arquivo que poida utilizarse como base de mapa, POGO Turf Pro permite a integración deses mapas para a visualización do usuario.
POGO Turf Pro é unha ferramenta única no mercado. Todo comeza coa utilización do POGO e o resultado final vén da nube POGO Turf Pro sistema de análise/mapaxe, …
Consegue o teu POGO en:



