Planimetría e planeidade. Como medila?
FOTO · TILOOM
A planimetría é a determinación do moldeado dunha superficie construída. Por exemplo, un campo de fútbol actualmente obsérvase moldeado aparentemente perfectamente horizontal, pero realmente esconde pendentes a dúas ou catro augas inferiores ao 1%.

Durante a construción dun campo asegúrase a planimetría obxectivo cando se moldea a superficie cun tractor controlado cunha autoniveladora láser. Pero o paso do tempo coas aireacións, escarificados, recebos ou a eliminación de material con distintas fresadoras ou “rotovateadoras” poden ir modificando esas pendentes.
O uso do campo deteriora co tempo o moldeado do campo.
Sen a existencia de pendentes, provocaríanse deficiencias nas evacuacións de auga en episodios de choiva intensa, encharcamentos en zonas de baixa infiltración, etc.. mentres as pendentes excesivas e irregulares resultan en campos cunha mala xogabilidade, dificultades no movemento da pelota e visualmente deficientes.
Pódese comprobar a planimetría xeral do campo cun sinxelo nivel óptico. Con este tipo de ferramenta valórase con claridade se as pendentes do campo se manteñen correctamente.
É recomendable comprobar a planimetría con nivel óptico polo menos unha vez ao ano.
O nivel óptico utiliza trigonometría básica para determinar distancias e ángulos, polo que se poden calcular segmentos e diferenzas de cotas, ingredientes esenciais no cálculo de cotas.

Por outro lado, non teñen por que distorsionarse gravemente as pendentes xerais do campo, pero si é moi frecuente que se produzan pequenas vagoadas e outeiros no campo. Estas zonas afundidas ou levantadas estorban a carreira dos xogadores, modifican a dirección do balón e causan encharcamentos que poden levar a graves problemas de black layer.
As barras rectas normalizadas desenvolvéronse para medir a uniformidade da superficie. Este dispositivo utilízase para identificar zonas altas e zonas baixas do campo. Os nosos equipos son plegables e as súas xuntas están feitas de fibras sintéticas con resistentes mecanismos de peche para evitar folgas.
Dar seguimento á planeidade é clave para unha superficie de calidade.
Xunto á cuña milimetrada incluída, pódese medir a desviación da rectitude para a posteriori corrixila cun pequeno recebo ou con rolos. As medicións axústanse á normativa da FIFA na que se fai referencia á norma europea NEN 13036.

Para mellorar a calidade dos nosos campos debemos fixarnos nestes detalles, así conseguiremos campos duradeiros, profesionais e máis doados de manter.
Nas visitas aos campos con frecuencia vense a simple vista as irregularidades do terreo.


Se queres saber máis das ferramentas de medición profesional Trimble, Spectra ou Enterprise que distribúe Tiloom ou sobre as nosas medicións ponte en contacto connosco a través de info@tiloom.com ou na nosa páxina web.



