O perfil USGA e a infiltración

9 ABR 2019·2 MIN DE LECTURA
O perfil USGA e a infiltraciónFOTO · TILOOM
Compartir

Nos anos 60, a Asociación de Golf dos Estados Unidos ( USGA ) definiu a construción dun green como un perfil arenoso sobre unha capa de grava. Agora está asumido como un bo método construtivo, pero, temos clara cal é a ciencia detrás da elección dos materiais?

Detrás da elección dos materiais están as verdadeiras razóns do éxito do perfil USGA: as forzas de cohesión e as forzas de adhesión.

A cohesión é a forza que mantén as moléculas dun fluído unidas; por exemplo, é visible cando se enche un vaso: xusto antes de desbordarse pódese observar como a auga constrúe unha cúpula que permite ao vaso encherse lixeiramente máis da capacidade que ten. Esta forza mantense no tempo ata que a masa de auga é tan grande que cae debido a que a forza da gravidade é maior que a forza de adhesión.

Tiloom - O perfil USGA e a infiltración - 2014 09 24 10.48.58 e1554800176685
Experimento escolar sobre a cohesión da auga.

Por outro lado, a adhesión é a forza que exercen os materiais sobre os fluídos que os mantén unidos a eles. Esta forza é observable, por exemplo, no menisco dunha probeta

Tiloom - O perfil USGA e a infiltración - images 1
O vidro xera unha forte adhesión sobre as moléculas de auga desprazándoas ás súas paredes.

O perfil USGA permite unha infiltración elevada ao mesmo tempo que mantén a auga nas súas capas máis profundas.

Unha vez coñecidas as dúas forzas, a explicación do perfil USGA é máis sinxela: a area da capa superior permite que a auga infiltre ata a súa parte máis profunda evitando a aparición de charcos. Tamén favorece que o solo nunca permaneza saturado evitando a anoxia e a morte do céspede por asfixia.

Tiloom - O perfil USGA e a infiltración - greenusga 1
Funcionamento do perfil USGA

Polos efectos de cohesión e adhesión a auga non cae ata o perfil de grava ata que a masa de auga se fai tan grande que as forzas de cohesión entre as moléculas de auga e a forza de adhesión entre a auga e as partículas de area son menores que a forza que a gravidade fai sobre a auga acumulada. Nese momento a auga acumulada drenará a través do horizonte de grava ata que as propias forzas de cohesión e adhesión poidan volver manter sobre a capa de drenaxe a auga infiltrada .

A auga ten problemas para viaxar dun material de diámetro pequeno a un máis grande.

En efecto, o perfil funciona como unha esponxa. Ao saturalo coa rega drena ata que a parte superior queda a capacidade de campo, pero a parte inferior, por cohesión e adhesión, mantén a auga en saturación.

Unha das conclusións que se poden sacar do funcionamento do perfil USGA é que a area que se debe elixir para facer os recebos ten que ser sempre do mesmo diámetro ou superior que a area da construción do perfil, xa que a auga non ten problema de pasar dun material de diámetro maior a un diámetro menor, pero si os ten cando ten que pasar dun diámetro pequeno a un máis grande.

Un dos problemas máis comúns que nos atopamos nos campos que visitamos é que non se elixiu unha area de recebo axeitada e iso provoca importantes problemas de drenaxe, anoxia, capa negra e finalmente a morte da planta.

#GREEN#USGA#ADHESIÓN#COHESIÓN

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.