MLSN (Minimum Level for Sustainable Nutrition)

1 XUL 2016·2 MIN DE LECTURA
MLSN (Minimum Level for Sustainable Nutrition)FOTO · TILOOM

Os MLSN (Minimum Level for Sustainable Nutrition) son niveis de nutrientes mínimos para a nutrición sustentable en superficies deportivas, axeitados para un correcto desenvolvemento das superficies deportivas naturais e orientados á consecución dunha estratexia de fertilización optimizada para mellorar a eficiencia dos recursos empregados.

Esta nova guía é de recente creación, xorde da necesidade por parte da industria de atopar uns rangos máis acordes coa realidade respecto das referencias fundamentalmente teóricas que xa existían. Tratan de ser unha guía universal para máis das 10 especies comúns e os centos de cultivos de gramíneas arredor do mundo.

As guías convencionais adaptáronse a partir de bibliografía de cultivos agrícolas (Carrow et al., 2004). Sabíase que ditas guidelines estaban sobreestimadas e eran de difícil consecución, pero o baixo custo dos fertilizantes que representaba para a industria entón permitiu o seu establecemento. Agora, os novos MLSN xorden como solución a esta controversia. A investigación foi levada a cabo por dous dos centros de investigación de céspede deportivo máis importantes e influentes mundialmente, como son Pace Turf e Asian Turfguard Center, grazas aos traballos realizados polos doutores Micah S. Woods, Larry J. Stowell e Wendy D. Gelernter.

Os MSLN establecen unhas cantidades mínimas de nutrientes, extraídos por ensaio de solo co axente extractante Mehlich III, por debaixo dos cales se consideraría insuficiente para un correcto desenvolvemento das diferentes superficies deportivas de céspede natural.

Será necesario por tanto aplicar as cantidades de abono necesarias para cubrir estes mínimos máis a cantidade estimada que as superficies necesitarán no seu normal desenvolvemento ata o seguinte abonado. O nitróxeno exclúese desta guía, pois a súa recomendación faise en función do crecemento que se desexa en cada situación.

A continuación móstrase unha comparativa entre os limiares convencionais das guías de mantemento de terreos deportivos e os niveis MSLN:

msln
Valores mínimos (ppm) segundo as dúas referencias explicadas: tradicional e MSLN

Tiloom recomenda o uso das referencias de MSLN co propósito de obter unha maior eficiencia nas labores de abonado. Para facer seguimento da estratexia de mantemento do terreo, recomendamos facer análise estándar de nutrientes en solo.

#NUTRICIÓN#SUELO#TILOOM#ABONADO#GUÍA

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.