Malas herbas anuais: como controlalas
FOTO · TILOOM
Exercer control de malas herbas anuais pode ser todo un reto. A semente pode ter diversas fontes. Pode vir na auga de rega se esta vén dun cauce natural, pode vir empurrada polo vento, por animais ou polo propio banco de sementes que se xera no solo cos anos.

A mellor forma de controlar estas malas herbas é a través dos herbicidas de preemerxencia que, en xeral, se aplican na primavera e no outono. As formas normais de presentación son ou en forma líquida ou granulares. A clave é aplicar antes de que as sementes xerminen as malas herbas.
A aplicación de herbicidas de preemerxencia dura no solo de 6 a 12 semanas.
A maioría das sementes xerminan moi influenciadas pola temperatura. Polo que monitorizar con sensores é moi interesante, xa que podemos ver se a temperatura a 5 cm de profundidade está entre 12 e 16ºC durante 4 ou 5 días seguidos. Durante ese tempo non se deben facer labores que modifiquen a estrutura do solo para non eliminar a barreira protectora.
Cando a tempada de emerxencia de malas herbas se alonga pódese realizar unha segunda aplicación.
Finalmente, cando se traballou ben cos produtos de preemerxencia, a súa aplicación pode dilatarse no tempo xa que o banco de sementes terá mermado moito.
Lentes de seguridade antisalpicaduras
Prezo: 15€
Semimáscara facial cuberta con filtros
Prezo: 30€
Botiquín de primeiros auxilios de 130 artigos
Prezo: 25€






