HIC Tester – Criterio de caída máxima – Golpes craniais
FOTO · TILOOM
Coñecer a altura máxima recomendable relativa á caída sobre pavimentos, nunha superficie definida é clave para determinar as actividades que se poden exercer. Hai normativas que determinan como e cando a superficie é segura. Imos repasar nesta entrada todo o que necesitas saber sobre o HIC Tester
A calidade das superficies é clave para a seguridade dos deportistas e dos usuarios das zonas de xogo. Con frecuencia prodúcense lesións coas caídas, e por iso buscouse a forma de indicar a altura crítica de caída de cada superficie. AENOR desenvolveu a norma UNE EN 1177:2018+AC:2019 para determinar a seguridade das superficies.
Organismos de normas e seguridade crearon as normas que os parques e clubs deben seguir para asegurar o benestar dos usuarios – UNE EN 1177:2018+AC:2019.
O HIC tester é o instrumento que determina esa altura crítica de caída. Trátase dunha cabeza artificial normalizada que integra un sensor triaxial que se deixa caer. En función da altura o equipo rexistra unha medición distinta. Considérase unha caída crítica cando o sensor rexistra un valor de 1000HIC ou 200g.
O valor de HIC é unha medición propia do aparello baseada na deceleración. O valor “g” refírese á deceleración da gravidade, 1g equivale a 9,8m/s2.
Existen dúas medicións clave que se deben realizar co HIC tester, a Altura de Caída Crítica (ACC) e a Altura de Caída Libre (ACL).
- ACC – Esta medición determina mediante caídas do HIC tester unha curva de impactos que permite determinar a altura na que a caída rexistra un valor de 1000HIC ou 200g. Serve para coñecer por exemplo a altura máxima que poden ter os columpios ou xogos infantís para unha superficie dada. Por exemplo, unha goma branda poderá ter xogos máis altos que unha goma dura. É unha medición clave para instalacións novas
- ACL – Esta medida determina o valor de HIC ou g que ten un equipamento concreto xa instalado. Un exemplo sería a caída desde o bordo dun xogo infantil ata o pavimento. Se o valor rexistrado fose maior a 1000HIC ou 200g sería conveniente cambiar o pavimento ou baixar a altura do xogo.
Se queres saber máis sobre as medicións do HIC tester ou os instrumentos que se deben utilizar escribe a soporte@tiloom.com e axudarémoste en todo o que precises.



