Como facer unha análise de calidade en superficies deportivas (I)
FOTO · TILOOM
Realizar ensaios de campo en superficies deportivas de interior e céspede artificial posibilitaranos coñecer a fondo as instalacións e deste xeito poder xestionalas de forma óptima. Nesta entrada estudaremos os procedementos máis utilizados na medición.
Estas medicións son claves para asegurar que as instalacións teñen unha calidade suficiente á hora de realizar a entrega do campo por parte do construtor ou para realizar as labores de mantemento da superficie de forma correcta. Pódense estudar todo tipo de superficies artificiais, tales como:
- Pistas de atletismo
- Tarimas de artes marciais
- Parques infantís de goma
- Superficies deportivas de céspede artificial
Para realizar estas medicións existen multitude de instrumentos, podendo utilizar equipos de laboratorio ou equipos de campo.
O atleta artificial é unha combinación do Atleta de Berlín e Stuttgart. Mide os valores clásicos do Doble A (Atleta Artificial) da absorción de impactos e a deformación vertical, o 3A tamén mide a restitución de enerxía.
Esas medicións son clave para determinar a xogabilidade da superficie, a carga en lumbares e xeonllos do xogo e os problemas de fascite plantar.

Tiloom pode proverte de servizos de medición ou dos propios instrumentos coas mellores condicións.
A alternativa ao Triple A é o Field Tester, un instrumento que realiza as mesmas medicións pero cun formato portátil e fácil de utilizar. Presenta unha alta reproducibilidade e pódense realizar medicións en todo tipo de superficies naturais e artificiais. Pode incluír a medida da dureza , polo que á súa vez temos tamén un Martelo de clegg.

- Medidor de resistencia rotacional
A resistencia rotacional é un parámetro deseñado para medir o perigo de lesión en ligamentos en superficies de céspede natural e artificial. O instrumento ten un pé de tacos que contacta co solo e imita a pisada dun xogador. O resultado dáse en Nxm. Valores demasiado baixos están relacionados con superficies esvaradías de pouca aderencia e valores moi elevados están relacionados con lesións. Existe unha alternativa portátil e máis lixeira que ten resultados tamén fiables e de calidade, o medidor de resistencia rotacional lixeiro.
O control da calidade é básico para que as superficies non se deterioren.


- HIC Tester
Head Injury Criteria (HIC) Tester é un equipo que busca a altura á cal a caída resulta perigosa. Determínase deixando caer unha masa normalizada e buscando a altura onde o HIC chega a valor 1000 ou a deceleración a valor 200 G. É un instrumento moi popular para determinar a seguridade de parques infantís, aínda que tamén se pode utilizar noutras superficies onde a caída sexa clave para o desenvolvemento da actividade como pistas de atletismo. A súa versión portátil ten un uso menos preciso xa que non é tan sinxelo manter un control absoluto na altura á que cae a masa.


Estas medicións son esenciais para valorar a seguridade dunha superficie deportiva ou un parque de xogo. En Tiloom podémosche axudar a realizar as medicións nas superficies ou a proverte destas ferramentas para realizar medicións propias. Ponte en contacto connosco a través de soporte@tiloom.com e asesorarémoste persoalmente para cubrir as túas necesidades.



