Avaliación da biomecánica – Triple A

6 MAI 2021·2 MIN DE LECTURA
Avaliación da biomecánica – Triple AFOTO · TILOOM

A avaliación da biomecánica é unha práctica cuxa tendencia vai en aumento polos seus beneficios na saúde dos usuarios.

O obxecto de estudo da biomecánica é o movemento (Amadio, 1997), o cal se refire aos movementos do deportista no exercicio físico.

Desde o punto de vista do mantemento das superficies deportivas, a biomecánica terá que relacionarse coa interacción das nosas superficies deportivas cos parámetros que as definen agronomicamente.

A avaliación desta importante característica nos nosos campos de fútbol pode realizarse a través de distintos ensaios, como por exemplo o ensaio do triple A. O Triple Atleta Artificial Avanzado realiza a medición das capacidades de absorción de impactos, restitución de enerxía e deformación vertical. Por outra banda, outros ensaios como o ensaio de dureza e a tracción do céspede tamén permiten coñecer a seguridade de xogo sobre unha superficie.

A seguridade de xogo pode monitorizarse para evitar lesións e actuar ante os problemas.

Tiloom pon á disposición dos groundsmen todas as ferramentas máis novidosas e portátiles do mercado e as plataformas dixitais para a súa monitorización e visualización óptima.

A medición dos parámetros é a primeira acción necesaria para avaliar que efectos ten o mantemento realizado sobre a biomecánica e, desta forma, realizar as accións correctoras necesarias para restituír esas propiedades aos rangos óptimos requiridos polo corpo técnico e o equipo médico.

Tiloom - Avaliación da biomecánica - Triple A - Plataformas de visualización de datos
Visualización dos rangos óptimos a través das nosas plataformas dixitais

Que é cada parámetro do Triple A?

  • A absorción de impactos mídenos a cantidade de enerxía de impacto que a superficie pode absorber. Mídese en termos relativos: o formigón absorbe o 0 %, sendo a superficie máis lesiva ante a caída dun xogador, e a area de sílice absorbe o 100 %, resultando máis branda ante a caída dun atleta.
  • Por outra banda, a restitución da enerxía indica a interacción enerxética entre unha superficie e un atleta. As superficies máis ríxidas son as que máis enerxía restitúen, polo que poden dar sensación de “duras” (mesmo presentando valores baixos do ensaio de dureza), mentres xeran unha menor fatiga. O formigón devolve o 100 % da enerxía e a area devolve o 0 %, sendo moito máis fatigoso xogar nesta última. .
  • Por último, a deformación vertical representa a compactación que ten a superficie durante o trote, mídese en milímetros e pode axudarnos a coñecer a elasticidade da superficie.

Tiloom achégache as ferramentas necesarias para diagnosticar e corrixir, se é o caso, os rangos óptimos para a seguridade dos nosos xogadores.

Tiloom - Avaliación da biomecánica - Triple A - IMG 20210401 112314

É común que cando a restitución aumenta a absorción diminúa. A fascite plantar ou as lesións de costas son algunhas das consecuencias de non manter uns rangos óptimos nos nosos campos.

Dependendo dos resultados obtidos con esta serie de ensaios, diagnosticaremos se uns campos son máis seguros ca outros para os nosos xogadores.

Queres coñecer máis sobre a biomecánica? Escríbenos a soporte@tiloom.com e axudarémosche.

#BIOMECÁNICAFÚTBOLSUPERFICIE#INTERACCIÓNBOTASUPERFICIE#RIESGOLESIONESCÉSPED#SEGURIDADDELFUTBOLISTA#TRACCIÓNROTACIONALBOTA

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.