Graos día. Tratamentos fitosanitarios
FOTO · TILOOM
Os tratamentos con fitosanitarios poden seguir uns calendarios baseados nos graos día; existen diferentes estudos para diferentes necesidades que así o indican.
Así, por exemplo, superficies deportivas constituídas por Festuca arundinacea adoitan presentar problemas de malas herbas, en especial de Paspalum dilatatum, “Dallisgrass”. Debido ás restricións actuais para o uso do herbicida MSMA, están sendo utilizados outros herbicidas tales como fluazifop-p-butyl, mesotriona ou a mestura de ambos. As recomendacións con éxitos superiores ao 90% son as dadas por ensaios realizados na Universidade de Tennessee por Matthew Elmore e James Brosnan, 2008, con aplicacións de fluazifop-p-butil (0,28 Kg/Ha) e fluazifop-p-butyl (0,28 Kg/Ha) mesturado con mesotriona (0,105 Kg/Ha) cunha primeira aplicación a comezos de primavera (< 160 graos día, cunha temperatura base de 10º C) e aplicacións repetidas, espazadas 3 semanas.

Pódense realizar métodos predictivos baseados nos datos climáticos de cada zona, para deste xeito conseguir a aproximación de curvas onde se presenten por un lado os graos día e por outro a porcentaxe de xerminación de certas malas herbas. Así é posible realizar tratamentos preventivos previa estimación da data de xerminación.

Estudos levados a cabo nun período de 3 anos, M.A. Fidanza, 1998, revelaron que as primeiras xerminacións de Digitaria spp, “Crabgrass”, tiveron lugar cando a temperatura do solo superaba os 12º C, dándose máximos a temperaturas do solo superiores a 20º C e un acumulativo de 185º F graos día.

Así mesmo podemos seguir diferentes modelos de tratamentos propostos baseados en estudos dos graos día por diferentes autores:
Obxectivo Descrición Referencia
Poa annua Floración Danneberger e Vargas, 1984
Poa annua Períodos de estrés Danneberger e Street, 1985
Poa pratensis Crecemento radicular Koski, Street e Danneberger, 1988
Digitaria Xerminación Fidanza, Dernoeden e Zhang, 1996
Festuca arundinacea Floración DiPaola, Lewis e Gilbert, 1987
Antracnose Ocorrencia Danneberger, Vargas e Jones, 1984
Rhizoctonia ” Shumann, Clarke, Rowley e Burpee, 1994
Sclerotinia ” Hall, 1984. Canadian J. Soil Science
Pythium ” Nutter, Cole e Schein, 1983
- adaptado de Danneberger, T.K. 1993. Turfgrass ecology and management.



