Detección de enfermidades en céspede V: Helminthosporium
FOTO · TILOOM
A detección de enfermidades no céspede é unha tarefa ardua e difícil. O nome común de Helminthosporium derívase do antigo nome científico (Helminthosporium spp.) deste complexo de enfermidades das manchas foliares, que na actualidade, e tras cambios na taxonomía, se estableceu que é causado por especies de fungos dos xéneros Drechslera spp., Curvularia spp., Bipolaris spp. e Exserohilum spp
| Enfermidade | Patóxeno | Hospedeiro |
| Melting out | Drecheslera poae | Poa Pratensis, bufalograss |
| Helminthosporium | Bipolaris sorokiniana | Poa pratensis, agrostis, Poa annua, festucas, ryegrass, bermudas |
| Red leaf spot | Drechslera erythrospila | Agrostis |
| Helminthosporium blight | Drechslera dictyoides | Festucas, ryegrass, Poa pratensis |
| Zonate eyespot | Drechslera | Bermudas, agrostis e Poa annua |
Os fungos Dreschslera spp. e Marielliottia spp nos casos máis extremos, poden chegar a causar grandes perdas nas nosas superficies deportivas.
Fonte: L.B.McCarty, Best Golf Course Management Practices

A sintomatoloxía comprende manchas foliares de castaño a púrpuras, negras con centros grises nas follas, etc dependendo do hospedeiro. Nos casos máis extremos todo o céspede pode esvaecerse por completo. A Drechslera maniféstase predominantemente en céspedes de inverno nas épocas de primavera e outono.



Estes fungos están moi activos continuamente, excepto cando o solo está xeado ou excesivamente cálido. As raíces, os rizomas e as follas máis baixas infectan polo micelio que crece procedente dos restos de sega e thatch, sendo precisa esa fina capa de orballo ou humidade (por máis de 10 horas e días consecutivos), polo que é necesario ese microambiente de humidade e unhas temperaturas óptimas entre 15 e 18ºC (aínda que poden darse con intervalos de Tº máis amplos, de entre 3 e 27ºC) , baixa intensidade lumínica (novos estadios de fútbol moito máis pechados) e excesiva fertilización nitroxenada.
O uso de fungicidas sistémicos e herbicidas hormonais para o control de folla ancha, pode favorecer a incidencia destas enfermidades
Estes fungos producen un micelio marrón que crece no interior e ao longo da folla do céspede , producindo condióforos e conidios que se propagan a follas sas por vento, chuvia, auga de rega, segadoras, etc..
Tes síntomas parecidos? Sae de dúbidas escribindo a info@tiloom.com e enviaremos as túas mostras para unha análise vía qPCR.



