Velocidade do Green: Como medila paso a paso
FOTO · TILOOM
Como medir a velocidade de Green? Antes un pouco de historia do Stimpmeter.
Historia
Unha das características máis representativas da calidade dun campo de golf é a velocidade dos putting greens, e que ademais esta sexa similar en todos os greens. O primeiro estudo en relación a este parámetro data de 1932 cando se realizou a través do “Arnott putter” construído para testar os primeiros ensaios de velocidade. Posteriormente, en 1937, Eddie Stimpson inventou a orixe do noso actual stimpmeter. Constan de entón os primeiros rexistros desde 1946 ata 1973, valores con unhas medias de velocidade de 2,5 pés, cabe destacar a velocidade do torneo de 1963 U.S. Open de 2.7 pés.
Un green rápido e outro lento, ou mesmo cambios de velocidade nun mesmo green pode incomodar máis a un xogador que fairways altos ou bunkers pouco atendidos. Non é só importante que as velocidades sexan adecuadas segundo as necesidades dos nosos xogadores, senón que ademais estas sexan homoxéneas en todos os greens.
A velocidade modifícase segundo as condicións do putting green, podes ir medindo con frecuencia para ver a súa evolución.
A maioría dos greenkeepers son coñecedores do problema e buscan formas de conseguir velocidades consistentes. Hai multitude de variables que inflúen nesa velocidade e sempre é interesante recompilar á mesma vez non só esa información senón ademais a altura da herba, rodadura, firmeza, humidade, etc…para así determinar toda a información sobre a xogabilidade de forma óptima.

As medicións da velocidade realízanse co stimpmeter, un sistema normalizado que permite comparar putting greens no teu campo e con outros campos. O sistema moderno de Stimpmeter é unha barra de aluminio extruído de 91,44 centímetros de longo (36 polgadas) que ten unha fendedura en forma de “V” de 145 graos ao longo nas súas dúas fronte. En cada unha das dúas fronte ten unha moesca, a “1X” está posicionada aos 76,2 centímetros (30 polgadas) desde a base. Esa é a lonxitude normal da proba e debe ser usada normalmente. A moesca “2X” está ao outro lado e posicionada a 35,56 centímetros (14 polgadas) da base, está pensado para medicións de áreas estreitas do putting green onde non é posible facer un tiro de bóla longo.

Cada extremo do Stimpmeter está rematado en forma de cuña para reducir o bote do tiro de bóla ao caer do stimpmeter ao putting green.
Como se mide?
O primeiro paso é elixir unha posición adecuada. Debe ser unha localización do green o máis horizontal posible e suficientemente ancha como para que a bóla poida rodar, entre 3 e 4 metros (10-12 pés). Márcase cun tee o punto de partida.
O uso do Stimpmeter é sinxelo, a súa posición inicial é deitado coa bóla na moesca, preferiblemente a “1x”. Inclínase desde a horizontal ata alcanzar o ángulo (20º) no que a bóla comece a rodar e mantense o ángulo ata que o stimpmeter chega ao putting green. Déixase un tee no punto onde a bóla deixa de rodar.
A práctica fai o mestre, as medicións gañarán consistencia conforme uses a ferramenta.
O paso anterior execútase 3 veces, mídense as 3 distancias desde o tee inicial e o tee final. Os valores anótanse e repítese o mesmo procedemento desde o punto onde as bólas pararon e deixándoas rodar na dirección na que se lanzaron en principio.
Anótanse de novo os 3 resultados e realízase a media dos 6 valores, esa é a velocidade do green.
A moesca “2x” úsase para áreas estreitas e o procedemento é o mesmo, só que o resultado final debe multiplicarse por 2.

Hai que ter en conta que:
O punto de medición debe ser plano e sen pendentes. Se o putting green é grande poden ser dous puntos.
Para publicar a velocidade para os xogadores as condicións deben ser boas, recén segado, seco, rulado, sen vento. Aínda que se gozas de coñecer podes comprobar e anotar a velocidade en distintas situacións, como cun recebo recente, en mollado, sen segar…
Tiloom ofrécete o Stimpmeter USGA, pregúntanos en info@tiloom.com e enviarémosche un orzamento do instrumento oficial.



