Tratamento de envases fitosanitarios
FOTO · TILOOM
O tratamento de envases fitosanitarios é un asunto de responsabilidade de todos os usuarios. É o Real decreto 1311/2012 o que dá as directrices para unha xestión axeitada dos envases que conteñen os produtos.
Todos sabemos que o contido dos envases é moi útil, xa que nos axudan a fertilizar, a combater fungos, malas herbas ou insectos. Pero se a aplicación non se fai no lugar desexado e coa posoloxía recomendada, é un vertido contaminante.
As sancións por un tratamento inadecuado son de máis de 3.000€

O ministerio ofrece un sistema de 1.500 puntos de recollida chamado SIGFITO. Nestes puntos pódense deixar de forma gratuíta e libre os envases de fitosanitarios de forma segura. Algunhas empresas, incluídas as distribuidoras de fitosanitarios, ofrecen o servizo de levar elas mesmas os envases aos puntos de recollida. SIGFITO recolle todo tipo de envases, plásticos, cartóns, bidóns… Sempre han de estar baleiros e ter sido enxaugados 3 veces. É importante sinalar que non se recollen envases de adubos, fertilizantes, EPI, aceites ou outros residuos do traballo en campo.
Os produtos que poden ser levados aos puntos de recollida deben ter o LOGO de SIGFITO impreso na etiqueta.
Se tes dúbidas sobre SIGFITO, chama ao 917 161 130 ou entra en www.sigfito.es
Lentes de seguridade antisalpicaduras
Prezo: 15€
Semimáscara facial cuberta con filtros
Prezo: 30€
Botiquín de primeiros auxilios de 130 artigos
Prezo: 25€
Se o teu consumo de fitosanitarios é moi elevado, podes pedir colectores propios na túa instalación. SIGFITO é unha entidade sen ánimo de lucro e está financiada integramente polos fabricantes de produtos fitosanitarios. Case o 100 % dos produtos fitosanitarios homologados están adscritos a SIGFITO e podes reciclar adecuadamente o envase nos puntos de recollida.






