Sistemas de información xeográfica. SIX
FOTO · TILOOM
Os sistemas de información xeográfica ou SIX (GIS en inglés), son coleccións organizadas de hardware, software e datos xeográficos deseñados para a eficiente captura, almacenamento, integración, actualización, modificación, análise e despregamento de todo tipo de información xeograficamente referenciada (ESRI, 1993). Baséanse en asociacións entre unha base de datos cartográfica cunha base de datos alfanumérica. Estas asociacións realízanse mediante a XEOCODIFICACIÓN que consiste en enlazar os datos alfanuméricos a unhas coordenadas xeográficas ou elemento cartográfico (como pode ser unha fairway de campo de golf, un green, unhas arquetas de rega, ..)
Entre os SIX máis destacados cabe mencionar os seguintes:
Esri con ArcInfo, Arcview, ArcCad, ArcGis, Erdas, Idrisi e o español gvSIG. Estes presentan case todos o custo dunha licenza máis a dificultade do seu uso con amplos manuais e a necesidade de uso de ferramentas topográficas como GPS, etc.

A ferramenta POGO é en si mesma un sistema de información xeográfica, onde ademais de servirse das utilidades de calquera SIX (combina os datos vectoriais e ráster propios destes softwares), incorpora sensores de medición de última xeración deseñados para as superficies deportivas como GPS submétrico, sensores de temperatura, de índice salino, de electrocondutividade ou de porcentaxe volumétrica de humidade. Permite a localización de aspersores e as súas coberturas de rega para estudo da súa eficiencia.

Xeración de análises de laboratorio de solo, folla e auga con descarga na propia plataforma.

Ademais de estar en continua evolución, as últimas implementacións ademais achegan estatísticas, históricos sobre posicións de bandeira para minimizar o uso das mesmas zonas de pisada, etc.

Non se queden atrás nas últimas innovacións ao servizo da agronomía, chamen xa a Tiloom, estamos aquí para darlles o mellor asesoramento.



