Rular o Green: mellora velocidade, xogabilidade e textura
FOTO · TILOOM
Rular é unha práctica popular entre os campos de golf do mundo. O seu impacto non se ve inmediatamente, moita xente non entende o seu uso pero os seus efectos están contrastados. Imos repasalo!
O rolo consiste nun cilindro pesado que, autopropulsado ou tirado por un tractor, é rodado sobre unha superficie. O seu uso está moi xeneralizado en todo tipo de superficies de céspede. Campos de fútbol, de tenis e sobre todo de golf, onde se usa varias veces por semana.


O rulado pódese facer con máquinas independentes ou con acoples nas máquinas de sega. Dependendo das circunstancias ten máis interese rular sempre na sega ou facelo coas máquinas independentes. O estrés aumenta conforme se aumenta o rulado, así que en épocas estivais convén reducilo.
Cando un green está ben rulado a xogabilidade mellora tanto que se pode manter unha altura de céspede lixeiramente máis alta, conseguindo diminuír moito os escalpes e podendo ter unha planta máis vigorosa.
Os beneficios directos do rulado son:
- Aumentar a velocidade e a suavidade do green
- Facilita a incorporación da area nos recebos
- Suaviza a superficie ante os desperfectos do uso
- Diminúe moito a aparición de algas e da enfermidade do dollar spot
- Axuda a diluír a materia orgánica
Alternar o rulado coa sega permite cortar menos os greens e seguir tendoos rápidos.
Realizar un rulado frecuente a medio prazo ten unha importante cantidade de beneficios que axudarán a levar o campo a unha cota de calidade máis alta. Por distintas circunstancias ás veces un green pode estar demasiado rápido para un bo xogo ou estar moi estresado. Nestes casos pode ser suficiente rular só un par de metros arredor do burato.
A mellor forma de coñecer a evolución da xogabilidade no green é mediante o Stimpmeter e o Parrymeter. Co Stimpmeter calcularemos a evolución da velocidade do green e co Parrymeter avaliaremos a suavidade e a fiabilidade da bola no pateo.
Queres saber o impacto do rulado nos teus greens? Proba Stimpmeter e Parrymeter e controla a evolución do green.



