Rugby II, por que homologar o meu campo de rugby para a FER?
FOTO · TILOOM
A Federación Española Rugby está decidida a elevar o Rugby á posición que merece. Para facer realidade as súas expectativas, a principios de 2017 publicou a nova normativa de homologación de campos de rugby.
Sempre desde o punto de vista da seguridade do xogador, esta nova homologación baséase na normativa “World Rugby”, as normas NIDE “Normativa sobre Instalaciones Deportivas y de Esparcimiento” e a norma UNE-45959-1.

Contempla a acreditación en catro categorías diferentes: as tres primeiras (1º, 1ºb, 2º). Son categorías para equipos que xogan en División de Honor A e competicións superiores. Para a liga da división de Honor B está a categoría 3, a cal é máis permisiva e facilita a entrada na competición a equipos con menos recursos.
Como dixo Lord Kelvin:
“O que non se define non se pode medir, o que non se mide non se pode mellorar e o que non se mellora, degrádase sempre”
E na homologación faise precisamente iso, medir. Grazas ao exame realizado polo auditor ao equipo técnico responsable do coidado e mantemento do terreo de xogo pódese ter a visión dunha terceira persoa sen lazos co campo pero con coñecementos agronómicos e de xestión. Deste xeito destácanse, de forma obxectiva, puntos de mellora no mantemento do campo ou outros problemas, que sen a tecnoloxía necesaria é complicado detectar.
Grazas ás auditorías, non só se obtén unha acreditación para a Federación. Tamén se pode extraer valiosa información, o que permite deixar de xestionar un terreo unicamente en base á experiencia e á intuición, para comezar a tomar decisións contrastables, baseadas en datos obxectivos e concretos. Algúns ensaios que se realizan son a velocidade de infiltración, a dureza ou a tracción rotacional, entre outras. A suma dos ensaios axuda a evitar lesións nos xogadores e a garantir a calidade do terreo deportivo.
E é por todo o explicado anteriormente que a FER desexa auditar e homologar todos os campos das súas ligas superiores.
En Tiloom podemos informarte dos nosos servizos de auditorías de calidade de céspede natural en terreo deportivo. Non dubides en escribirnos a info@tiloom.com ou chamarnos ao +34 669302132
Como vai contribuír o teu club no camiño á mellora que faga do rugby en España un deporte de elite?
Toma mellores decisións connosco, os nosos servizos de máxima calidade e os nosos máis de 15 anos de experiencia en fútbol e golf avalannos:



