Potasas
FOTO · TILOOM
A especiación química do potasio asimilable polas plantas é o ión potasio K, absorbido da solución do solo. Poden existir outras especiacións, pero a gran maioría non están dispoñibles para as nosas superficies deportivas.
As sales potásicas naturais proveñen da desecación de antigos mares, sobre todo no período pérmico superior, hai 200 millóns de anos. As sales da auga de mar cristalizaron segundo a súa orde de solubilidade, de modo que sobre a capa de sal de ClNa existía unha capa máis superficial de minerais potásicos.
A potasa refírese a compostos de potasio en xeral, se ben a potasa cáustica é a denominación común do hidróxido de potasio KOH.

O cloruro potásico é o fertilizante potásico máis común e achega un alto grao de salinidade (índice salino de 2,2); procede de depósitos mariños, así temos minerais como a silvina, silvinita, etc. Por outro lado, o sulfato potásico é o resultado de reaccionar cloruro potásico (é máis recomendable no sentido de que achega menos salinidade, pois presenta un índice salino de 0,9) con ácido sulfúrico, ou o nitrato potásico (índice salino de 1,6) ao reaccionar con ácido nítrico. Por tanto, o uso dun fertilizante ou outro dános unha idea do efecto sobre o parámetro introducido con POGO do índice salino, pois todos os fertilizantes achegan salinidade ao solo, se ben uns fano en maior medida que outros. Todos os fertilizantes de potasio elabóranse en base a salmoiras ou depósitos subterráneos de potasa.

Todos estes fertilizantes reaccionan de forma neutra no solo, a excepción do KNO3, que aumenta o pH.
Con independencia do potasio achegado a través de fertilizantes (greens), este aparece nos solos naturais por mineralización e desintegración de todas as rochas que conteñen minerais potásicos, fundamentalmente feldespatos potásicos e micas. En realidade, malia non estar dispoñible, esta fracción de potasio é a maioritaria nos solos naturais, formando parte das redes cristalinas.



