Liderado dun Greenkeeper ou Groundsman: Cociente intelectual VS Intelixencia emocional
FOTO · TILOOM
Non cabe dúbida de que son moitas as competencias necesarias nos perfís dos head greenkeepers e groundsmen para a execución das diversas tarefas que se nos presentan no noso día a día. Así, cabe mencionar coñecementos de agronomía, finanzas, recursos humanos…, ademais de esixirnos unha dilatada experiencia.
Ata hai pouco, os perfís máis adecuados para estes postos de traballo estaban dados por aqueles que presentaban os maiores coñecementos nestas áreas e desexábanse altos valores do Cociente Intelectual (CI).
O concepto de Cociente Intelectual forxouse en 1903 a través de Alfred Binet (1857 -1911), do que posteriormente xurdiu en 1905 o que se coñece como o primeiro test de intelixencia. En 1908 tradúcese o test de Binet-Simon ao inglés e en 1912, o alemán Stern introduce o termo de CI (Cociente Intelectual). Fonte: Inteligencia emocional en educación (Rafel Bisquerra et al, 2015).
Ninguén puña en dúbida a importancia do CI como criterio de excelencia no traballo.
É en 1990 cando xorde a primeira formulación teórica dun novo concepto: a intelixencia emocional. Esta preséntase a través de dous artigos publicados en 1990 polos investigadores Peter Salovey e John Mayer. En concreto, un deles ten como título Emotional Intelligence (Salovey, e Mayer, 1990). Posteriormente xorde a publicación: Inteligencia emocional (Goleman, 1995), best seller mundial e que ocasiona o lanzamento mundial do concepto de intelixencia emocional ao mundo empresarial, especialmente, nas áreas do liderado e da promoción dos traballadores (unha forma de educación para adultos).
Neste sentido, a Harvard Business Review chegou a cualificar a intelixencia emocional como “un concepto revolucionario, unha das ideas máis influentes da década” no mundo laboral. Existe unha correlación positiva entre intelixencia emocional e distintos indicadores de liderado (Harms e Credé, 2010; Walter, Cole e Humphrey, 2011).
A conciencia emocional consiste en coñecer as propias emocións e as emocións dos demais
Os mellores xestores de persoal son aquelas persoas que espertan entusiasmo e son capaces de mobilizalo. Estas persoas presentan altas capacidades de intelixencia, personalidade, asertividade, planificación, dominio da linguaxe, capacidade de convicción e persuasión, de motivar, de transmitir entusiasmo, etc.

A grandes trazos, poderiamos dicir que a intelixencia emocional é a habilidade para tomar conciencia das propias emocións e das das demais persoas e a capacidade para regulalas. Conciencia e regulación emocional deben considerarse competencias básicas para os greenkeepers, xa que a persoa que as adquiriu está en mellores condicións para afrontar os retos diarios. En último termo, son elementos esenciais no manexo das relacións co noso persoal de mantemento e clientes.
O head greenkeeper, coas súas actitudes e comportamentos, pode ofrecer un clima de seguridade, respecto e confianza ante os traballadores



