Gorgullo vermello
FOTO · TILOOM
O Rhynchophorus ferrugineus ou gorgullo vermello é unha especie de coleóptero curculionoideo da familia dos curculiónidos orixinaria de Asia tropical. É un gorgullo que ataca principalmente o coqueiro e as palmeiras, entre elas a canaria e a datileira.

O seu ciclo de vida adulto está entre 45 e 90 días. Realiza perforacións de máis dun metro de lonxitude nos troncos, dando lugar a amarelecemento, murchamento e morte. É vector do nematodo Bursaphelenchus Cocophilus, causante da enfermidade do anel vermello, ameaza para a industria palmeirista do noso país. A femia deposita entre 300 e 500 ovos; posteriormente á súa eclosión, as larvas amarelas, con fortes mandíbulas, escavan galerías desde as axilas das follas ata a coroa, e van engrosando en tamaño ata a formación do capullo, onde sofren a metamorfose e pasan ao seguinte estadio. Unha vez adulto desprázase voando cara a outras palmeiras con feridas atraído polo seu cheiro para iniciar un novo ciclo biolóxico, con máis fecundacións. Presenta gran capacidade reprodutiva, podendo chegar ata tres xeracións ao ano.
Esta praga chegou hai máis de 10 anos á costa mediterránea, e hoxe en día hai en marcha varios métodos de loita:
- Biolóxica, a través de nematodos e outros parasitos.
- Endoterapia vexetal, inxeccións de substancias fitosanitarias que se translocan a través do xilema en sentido acrópeto.
- Aplicacións de insecticidas de contacto tales como Diazinon, ou sistémicos como Imidacloprid ou Tiametoxan.
- Uso de trampas con feromonas




