Eleusine indica: guía práctica para o seu control en céspede
FOTO · TILOOM
Eleusine indica, tamén chamada goosegrass, é outra típica mala herba que vén colonizarnos nas épocas estivais en zonas compactadas e pobremente drenadas, xeralmente en zonas de paso dos nosos campos.
Ten un crecemento postrado que lle permite sobrevivir a segas baixas.
A súa semente obsérvase a finais de verán. É unha variedade anual que adoita xerminar a finais de primavera, é dicir, de catro a seis semanas despois da digitaria.

Recoméndase un tratamento de control (preemerxente) da eleusine indica en agrostis e/ou en bermuda non resementada a partir da mestura de bensulide e oxadiazinon, aínda que non está indicado para a poa annua. Non obstante, hase de comprobar na etiqueta do herbicida que está rexistrado para o uso en greens.
O céspede ha de estar seco no momento da aplicación, e temos que aplicar unha rega para a súa incorporación.
O momento ideal de aplicación márcao a temperatura do aire, por riba dos 26 ºC. O control posemerxente en tees ou calles de Poa annua está dado por Fenoxaprop p-ethyl a baixas doses e cada dúas semanas para o control de eleusine indica nas primeiras etapas de crecemento no verán.
Ditiopir e pendimetalina están recomendadas como herbicidas preemerxentes efectivos para o control de Eleusine, aínda que o seu uso en calles de Poa annua pode verse afectado por fitotoxicidade, especialmente nos períodos estivais.
En greens de bermuda, foramsulfuron e diclofop están recomendados para o control posemerxente da Eleusine indica, aínda que se pode producir unha resistencia a estes herbicidas.
A continuación preséntase unha táboa para os posibles tratamentos en diferentes céspedes
Materia activa: Variedades resistentes
Preemerxentes
ditiopir: Poa pratensis, Festucas,Rye grass, Bermuda, Zoysiagrass
pendimetalina: Bermuda, Zoysiagrass
oxadiazon: Poa pratensis, Festucas, Rye grass, Bermuda, Zoysiagrass
prodiamine: Poa pratensis, Festucas, Rye grass, Bermuda, Zoysiagrass
Posemerxentes
fenoxaprop: Agrostis, Poa pratensis, Festucas, Zoysiagrass
fluazifop: Festuca arundinácea, Zoysiagrass
mesotriona: Poa pratensis, Festucas, Rye grass



