Summer Patch

23 NOV 2016·1 MIN DE LECTURA
Summer PatchFOTO · TILOOM

O summer patch é unha enfermidade causada a través de infección radicular polo fungo Magnaporthe poae. De gran afección en Poa annua, Poa pratensis e festucas finas.

As condicións de aparición son:

-Temperaturas nocturnas superiores a 21 graos centígrados

-Altas taxas de rega

Estes son parámetros alcanzados frecuentemente no verán. Adoita prevalecer máis en zonas maduras que naquelas máis recentemente sementadas.

O verán é a peor época do ano para o summer patch.

Os síntomas pasan por parches que varían en tamaño duns poucos a varios centímetros de diámetro. Inicialmente as plantas afectadas murchan, pasan a cor verde acinzentada con bandas brancas foliares. Estas plantas acaban morrendo e deixando parches en forma de aneis e arcos de cor marrón. As raíces e coroas apodrecen e vólvense necróticas.

screenshots_2016-11-21-00-48-27
Outra imaxe de “summer patch”

A xestión agronómica pasa por mellorar o sistema radicular, a través da aireación, adecuada xestión da rega (evitando excesiva humidade ou estrés hídrico) e xestión adecuada do thatch, así como o aumento da altura de corte durante os períodos de estrés. As resementeiras con cultivares máis resistentes como o Agrostis poden tamén axudar á súa xestión.

O control químico pasa por funxicidas DMI tales como propiconazol, triadimefon, myclobutanil e fenarimol, ademais de estrobilurinas como o azoxistrobin. O metil-tiofanato tamén está recomendado. As doses de caldo han de ser o suficientemente altas como para incorporar a materia activa no perfil do solo.

O momento de aplicación debería darse cando a temperatura do solo permanece por riba dos 20 graos centígrados, nos primeiros centímetros do perfil do solo, por máis de 3 días seguidos.

 

#THATCH#POAANNUA#ESTRÉSHÍDRICO#FESTUCASFINAS#POAPRATENSIS#FUNGICIDAS

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.