
POGO Turf Pro
A aplicación para o Smartphone perfecta para conseguir que o seu nivel de control no uso dos recursos hídricos (auga de rega) aumente, á vez que pode diagnosticar en remoto a saúde dos seus terreos de céspede natural.
O sistema de adquisición e rexistro de datos POGO Turf Pro recolle, amosa e almacena a condición do céspede nos rexistros medios por POGO. Grazas á súa App poderás obter no teu Smartphone:
- Análise en tempo real así como as avaliacións do céspede relativas á humidade do solo, salinidade e temperatura.
- Alertas críticas que advirten sobre medidas que requiren atención inmediata.
- Sinxeleza á hora de sincronizar os datos con POGO Turf Pro Cloud.
- Visualización de mapas e gráficas para interpretar os resultados.

POGO Turf Pro Cloud analiza os datos en bruto e preséntaos visualmente para que vostede os interprete. Terá a posibilidade de observar as variacións dos seguintes parámetros do seu campo:
- A humidade.
- A salinidade.
- A temperatura.
- A velocidade da bóla.
- A firmeza.
Ademais de coñecer os efectos do mantemento para axudarlle a definir os seus propios estándares de calidade.
Isto fai que realizar as mellores prácticas de xestión e mantemento sexa rápido e fácil para vostede e o seu equipo, aplicando precisamente o que se necesita, cando se necesita.
Referencia de produto para pedidos: PT-002

Tes dúbidas sobre este produto?
Pídenos información ou orzamento sen compromiso.


