FAQ Pogo

Para axudarlle mellor con calquera resposta de soporte, non esqueza incluír na súa consulta do formulario, no campo descrición, a resposta ás seguintes preguntas, ademais dunha explicación detallada das dificultades que puidese atopar:

Tivo un erro de sincronización? Díganos

  • O seu teléfono é Android ou iPhone?
  • Saíulle a xanela de confirmación <sync up settings done> na pantalla do seu teléfono, e premeu ‘OK’?
  • Está facendo a sincronización coa WiFi da súa oficina ou casa, ou coa rede de datos do teléfono?
  • Cal foi a data e hora (exacta ou aproximada) na que vostede fixo a última sincronización fallida?
  • Desde que usuario (correo electrónico) fixo a acreditación para a sincronización dos datos?

Non esqueza incluír, á parte dunha descrición xeral do problema, a resposta a esas cuestións no formulario, no caso de que o seu problema teña que ver coa sincronización de datos.

A continuación explícanse erros típicos e o modo de solucionalos. Consúlteos e só se non se repara o problema entón encha o formulario.

Comprobar estas cuestións é o modo máis rápido de axudarlle.

Teléfonos Android

A plataforma web de POGO, na súa versión actual, xerou un problema de compatibilidade cos dispositivos Android en castelán, porque o portal web (ata a súa actualización próxima) xerou dificultades de interpretación da linguaxe en castelán. Por iso aconsellamos configurar o seu Android en inglés desde o menú de configuración xeral do seu teléfono, como mínimo para o momento de facer a sincronización. Esta circunstancia xa foi detectada e repararase na nova versión da plataforma, que terá lugar nos próximos días.

A aplicación POGO detívose

Para a aplicación POGO o tempo de sincronización é moi importante, e isto dependerá da velocidade da súa conexión a internet. Se a conectividade do seu terminal é lenta no momento da sincronización, poderá ocorrer que a aplicación de POGO se deteña e peche, podendo ocasionar o borrado de datos, de modo que lle recomendamos unicamente facer a sincronización cando teña unha conexión a internet por WiFi, sempre que sexa posible, e garantindo que sexa unha rede rápida e fiable.

Desapareceron os meus datos do último día de medida

No caso de que a aplicación POGO atope algún problema e se peche ou deteña inesperadamente, así como se se sincronizaron os datos nun idioma distinto do inglés, o feito de que non se subisen os datos á web pode ocasionar o problema de que desaparezan tamén do teléfono, de modo que recomendamos ser fieis ás instrucións do equipo e aos consellos aquí descritos.

Non se soluciona? Detállenos o problema cubrindo o formulario da páxina anterior ou facendo clic aquí.

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.