Coaching 2.0

Tiloom ofrece un servizo de coaching ou acompañamento desde o punto de vista agronómico a aqueles clientes que non só desexen vincularse coa nosa empresa polo soporte técnico ás ferramentas que distribuímos, senón que requiran dunha axuda:

  • Na interpretación da información recollida,
  • A análise dos datos capturados polos nosos equipos dun modo totalmente personalizado
  • Ou a definición de estratexias de traballo para sacar todo o partido á máis disruptiva tecnoloxía,

Cun fundamento agronómico profesional e adecuado ás súas necesidades.

Non mantemos, nin construímos nin reformamos campos de golf nin de fútbol. No noso pasado achegámonos a empresas que o facían para aprender que necesidades ten a industria e hoxe somos unha empresa independente acreditada para emitir informes técnicos, con todo o respaldo xurídico e estatutario na prestación deste servizo independente. Temos gran experiencia detrás (que era necesario tomar de primeira man para coñecer o sector) que só utilizamos para medir, diagnosticar e apoiar os profesionais que fan o mantemento. Non somos nin seremos substitutivos da labor profesional necesaria para o mantemento de cada instalación.

Tiloom complementa a súa oferta de ferramentas e instrumentación cun profesional servizo de seguimento agronómico aos seus clientes, para que:

  • Obteñas o máximo partido aos recursos tecnolóxicos do mercado da man de enxeñeiros especializados.
  • Aprendas a interpretar a información que obteñas de ferramentas e análises desde o punto de vista agronómico
  • Inicies un camiño na optimización no uso de recursos e unha mellora continua dos teus procesos

Na nosa proposta de coaching 2.0, Tiloom integrou no seu equipo importantes recursos humanos e materiais para que os nosos servizos sexan rigorosos e de calidade.

A formación e experiencia do noso gabinete técnico permite ofrecer aos nosos clientes un acompañamento no diagnóstico de necesidades e coaching agronómico cunha importante base tecnolóxica, centrado en atender as súas necesidades cos mellores recursos.

Poñemos nas túas mans tecnoloxía e ferramentas ao mellor prezo do mercado

A orixe e destino da nosa empresa é a tecnificación na xestión e mantemento de terreos deportivos de céspede natural. Custounos moito pero desde decembro de 2018 estaremos en disposición de ofrecerche o mellor prezo local de tecnoloxía con ese propósito. Novos acordos internacionais e un sistema de loxística e distribución mundial van permitirnos ofrecerche as mellores ferramentas, no teu campo, ao mellor prezo.

A nosa oferta de ferramentas pasará a ser plural e accesible para calquera.

Se o atopas máis barato, dínolo e mellorámosche.

Para máis información, consúltenos en:

info@tiloom.com

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.