Campos de golf
Que lle ofrece Tiloom?
Tiloom ofrece aos campos de golf, unha plataforma de medida automatizada que integra:
– Sensores enterrados que miden, baixo o solo, a temperatura, humidade, tensión radicular, electrocondutividade e concentración de osíxeno do substrato, co fin de optimizar labores de rega e mantemento, e ter un sistema preventivo de problemas na planta.
– Sensores portátiles (sistema POGO), que lle permitirán extraer do seu campo de golf toda a información sobre humidade, temperatura e condutividade do solo, axudándoo a diagnosticar problemas como deficiencias no deseño do sistema de rega, picos de salinidade, detección temperá de fungos, planificación de labores de aireación, etc.
– Estacións meteorolóxicas con acceso a Internet para que dispoña en tempo real e desde calquera dispositivo conectado, dos datos meteorolóxicos e da evapotranspiración.

Todo iso integrado nunha única plataforma web que será o seu maior aliado na toma de decisións.
Que beneficios lle achega a nosa tecnoloxía a un campo de golf?
– Unha ferramenta que toma medidas precisas e cuantificables que mellore a súa percepción sobre o estado do seu terreo.
– Un recurso para automatizar as súas auditorías diarias, permitíndolle aforrar diñeiro e gañar en información.
– Un sistema de optimización no uso dos recursos, desde a planificación a curto prazo das necesidades de abono ata a necesidade en tempo real de humidade para a planta.
– Unha axuda na detección temperá de problemas e riscos para o seu terreo.
Se desexa que lle enviemos un dossier dos nosos produtos, déixenos os seus datos e contactaremos con vostede tan pronto como nos sexa posible.
